6 de setembro de 2010

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE OROSO

 


Home / NOVAS / PSOE / OS SOCIALISTAS DE OROSO RECLAMAN UNHA RE

PSOE

OS SOCIALISTAS DE OROSO RECLAMAN UNHA RETIFICACIÓN POR PARTE DA XUNTA, DESPOIS DE COMPROBAR QUE O DECRETO DO GALEGO É UN TOTAL DESPROPÓSITO.

20/04/2010

 

Despois de que o Consello da Cultura, a Real Academia da Lingua, a comunidade educativa, sindicatos, movementos de renovación pedagóxica, equipos de normalización lingüística e dinamización lingüística dos centros, asociacións de pais e nais, estudantes, escritores, editores, e a sociedade en xeral rexeitaran o decreto do galego, agora é o Consello Escolar de Galicia quen votou en contra do mesmo.

 

O que non fai máis que confirmar, que o Decreto que a Xunta pretende levar adiante, non só non representa o sentir da sociedade galega, senón que levanta rexeitamentos, incluso nas institucións educativas.
Mentres que o anterior decreto do galego fora aprobado no ano 2007 sen ningún voto en contra, o que agora defende o goberno de Feijoo, sacou á rúa a miles de manifestantes, a maior parte deles dos centros educativos.

 

Quixéronnos facer crer que o decreto era lexítimo porque supostamente se fixera en base os resultados dunhas enquisas, cando estas se cubriron minoritariamente, e aqueles que o fixeron, realizárona cunha falta de descoñecemento absoluta.
Por outra parte, o goberno da Xunta debería saber que unha das funcións da educación é paliar as desigualdades que os nenos e nenas viven nos seus fogares, de aí que derivar nos pais a responsabilidade de escoller as materias impartidas, non supón outra cousa que prolongar á esfera pública as limitacións que existen no ámbito privado.

 

Por todo isto, consideramos que non ten sentido seguir adiante cun proxecto, que, como quedou demostrado, é un total despropósito.
Así, esiximos que os responsables da súa elaboración, neste caso, o Conselleiro de Educación, sexa consecuente cos resultados acadados e leve a cabo unha rectificación do mesmo, pois quedou máis que demostrado, que nin coñece a realidade galega, nin fixo o máis mínimo esforzo por achegarse a ela.

 

 

 

 

 


Hay 0 votos hasta ahora.

Ver Resultados

PSdeG-PSOE , Rúa Camiño Real, 11 - 1º Dta. 
15888 Sigüeiro-Oroso (A Coruña)
Tlfnos.: 630077062 | 639891555 | 610884904
E-mail: oroso@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera