A Agrupación Socialista de Oroso editamos un boletín informativo sobre os avances acadados dende a agrupación. Este boletín pretende ser un médio máis de comunicación entre os veciños e veciñas de Oroso e a Agrupación Socialista, co fin de darvos a coñecer os traballos que se estan a desenvolver dende a Agrupación para que o Concello de Oroso siga medrando e prosperando.
O mesmo tempo queremos que represente unha canle máis de comunicación, para que vos, veciños e veciñas de Oroso. nos fagades chegar as vosas inquedanzas, as vosas ideas, os vosos proxectos, as vosas ilusións.
Os boletíns pódense consultar e descargar dende a páxina web (sección descargas), e tamén vos faremos chegar un boletín a vosa casa.
COA TÚA AXUDA FAREMOS UN OROSO MELLOR !!!